Unha formiga orixinal

  • Jatorrizko izenburua: Inurri bitxia
  • Irudigilea: Marc i Pep Brocal i Llobregat
  • Itzulpena: José Ignacio Chao Castro
  • ISBN: 978-84-9782-147-6
  • Argitaletxea: Edicións Xerais de Galicia, S.A.
  • Bilduma: Paseniño,8
  • Lehen Edizioa, Argitalpen urtea: 2004
  • Inprimatze data: 2004
  • Argitalpen lekua: Vigo
  • Orrialde kopurua: 24 p. il. col. 19x17 cm
  • Edizio zenbakia: 1ª ed.
  • Koadernatzea: rústica
  • Jatorrizko hizkuntza: Euskera
  • Argitalpen hizkuntza: Gallego
  • Sariak:
  • Kategoria: Literatura infantil y juvenil

Unha formiga fai a cirurxía estética e cambia moitas cousas dela. Pero o resultado non lles gusta a todos. A nova colección “Paseniño” de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina.